jueves, 19 de mayo de 2011

As de picas

1. Creamos un triángulo vermello sen borde. Se o ten, para quitalo imos a Obxecto-Recheo e Borde-Estilo de Trazo e pomos "0".
2. Seleccionámolo.
3. Imos a Traxecto-Obxecto a traxecto.
4. Collemos a ferramenta Editar nodos.
5. Seleccionar os dous nodos presionando o xiz.
6. Insertamos un novo nodo.
7. Seleccionamos o nodo da esquina e o suavizamos. Facemos o mesmo coa  outra esquina.
8. Podemos mover os nodos ata conseguir a forma que queramos.
9. Creamos un triángulo vermello sen borde e llo colocamos a modo de rabo, redimensionando para conseguir o tamaño adecuado.
10. Agrupamos.
11. Duplicamos e redimensionamos a copia para que quede moito máis pequena.
12. Poñemos a copia nunha esquina.
13. Escribimos un A enriba da copia.
14. Alineamos o A e a copia verticalmente e os agrupamos.
15. Creamos un rectángulo gris sen borde que cubra todo o folio.
16. Redondeamos as esquinas movendo un dos circuliños que saen nas esquinas.
17. Baixamos o rectángulo ao fondo.
18. Duplicamos o rectángulo e pintamos a copia de negro.
19. Seleccionamos o rectángulo negro. Imos a Obxecto-Recheo e borde-Recheo e aplicámoslle un desenfoque de 6.
20. Baixamos o rectángulo negro ao fondo.
21. Duplicamos o A e o corazón da esquina, colocámolo na esquina oposta e o reflexamos vertical e horizontalmente.
22. Centramos o corazón grande. Para iso seleccionamos o corazón e o fondo da carta e alineamos vertical e horizontalmente.
23. Agrupamos.
24. Expotamos como imaxe mapa de bits


As de rombos

1. Creamos un triángulo vermello sen borde. Se o ten, para quitalo imos a Obxecto-Recheo e Borde-Estilo de Trazo e pomos "0".
2. Duplicamos.
3. Reflexamos a copia verticalmente e a colocamos pegada á orixinal creando un rombo.
4. Agrupamos.
5. Duplicamos e redimensionamos a copia para que quede moito máis pequena.
6. Poñemos a copia nunha esquina.
7. Escribimos un A vermello enriba da copia.
8. Alineamos o A e a copia verticalmente e os agrupamos.
9. Creamos un rectángulo gris sen borde que cubra todo o folio.
10. Redondeamos as esquinas movendo un dos circuliños que saen nas esquinas.
11. Baixamos o rectángulo ao fondo.
12. Duplicamos o rectángulo e pintamos a copia de negro.
13. Seleccionamos o rectángulo negro. Imos a Obxecto-Recheo e borde-Recheo e aplicámoslle un desenfoque de 6.
14. Baixamos o rectángulo negro ao fondo.
15. Duplicamos o A e o rombo da esquina, colocámolo na esquina oposta e o reflexamos vertical e horizontalmente.
16. Centramos o rombo grande. Para iso seleccionamos o rombo e o fondo da carta e alineamos vertical e horizontalmente.
17. Agrupamos todo.
18. Expotamos como imaxe mapa de bits.


As de tréboles

1. Creamos un círculo negro presionando CONTROL para que saia proporcionado. O círculo ten que ser sen borde, se o ten, para quitalo imos a Obxecto-Recheo e Borde-Estilo de Trazo e pomos "0".
2. Duplicamos dúas veces. Isto pódese facer: CONTROL D ou botón dereito-duplicar.
3. Colocamos os tres círculos a modo de trébol e sen que quede branco entre eles.
4. Agrupamos.
5. Creamos un triángulo negro sen borde e llo colocamos a modo de rabo, redimensionando para conseguir o tamaño adecuado.
6. Agrupamos.
7. Duplicamos e redimensionamos a copia para que quede moito máis pequena.
8. Poñemos a copia nunha esquina.
9. Escribimos un A enriba da copia.
10. Alineamos o A e a copia verticalmente e os agrupamos.
11. Creamos un rectángulo gris sen borde que cubra todo o folio.
12. Redondeamos as esquinas movendo un dos circuliños que saen nas esquinas.
13. Baixamos o rectángulo ao fondo.
14. Duplicamos o rectángulo e pintamos a copia de negro.
15. Seleccionamos o rectángulo negro. Imos a Obxecto-Recheo e borde-Recheo e aplicámoslle un desenfoque de 6.
16. Baixamos o rectángulo negro ao fondo.
17. Duplicamos o A e o trébol da esquina, colocámolo na esquina oposta e o reflexamos vertical e horizontalmente.
18. Centramos o trébol grande. Para iso seleccionamos o trébol e o fondo da carta e alineamos vertical e horizontalmente.
19. Agrupamos.
20. Expotamos como imaxe mapa de bits.