jueves, 19 de mayo de 2011

As de tréboles

1. Creamos un círculo negro presionando CONTROL para que saia proporcionado. O círculo ten que ser sen borde, se o ten, para quitalo imos a Obxecto-Recheo e Borde-Estilo de Trazo e pomos "0".
2. Duplicamos dúas veces. Isto pódese facer: CONTROL D ou botón dereito-duplicar.
3. Colocamos os tres círculos a modo de trébol e sen que quede branco entre eles.
4. Agrupamos.
5. Creamos un triángulo negro sen borde e llo colocamos a modo de rabo, redimensionando para conseguir o tamaño adecuado.
6. Agrupamos.
7. Duplicamos e redimensionamos a copia para que quede moito máis pequena.
8. Poñemos a copia nunha esquina.
9. Escribimos un A enriba da copia.
10. Alineamos o A e a copia verticalmente e os agrupamos.
11. Creamos un rectángulo gris sen borde que cubra todo o folio.
12. Redondeamos as esquinas movendo un dos circuliños que saen nas esquinas.
13. Baixamos o rectángulo ao fondo.
14. Duplicamos o rectángulo e pintamos a copia de negro.
15. Seleccionamos o rectángulo negro. Imos a Obxecto-Recheo e borde-Recheo e aplicámoslle un desenfoque de 6.
16. Baixamos o rectángulo negro ao fondo.
17. Duplicamos o A e o trébol da esquina, colocámolo na esquina oposta e o reflexamos vertical e horizontalmente.
18. Centramos o trébol grande. Para iso seleccionamos o trébol e o fondo da carta e alineamos vertical e horizontalmente.
19. Agrupamos.
20. Expotamos como imaxe mapa de bits.

No hay comentarios:

Publicar un comentario